Guntín prepárase para unhas festas patronais cheas de música, tradición e diversión do 5 ao 7 de xullo

LugoXa
O día 5 de xullo haberá sesión vermú e verbena coa actuación do Dúo Pedriñas e a orquestra La Fórmula
La-Fórmula
28 Jun 2025

O Concello de Guntín celebra as súas festas patronais de xullo entre os días 5 e 7 cun programa completo que combina tradición relixiosa, música e animación para todas as idades.

A programación comeza o sábado 5 de xullo cunha misa solemne ás 13:30 horas seguida de procesión. A continuación, haberá sesión vermú e verbena coa actuación do Dúo Pedriñas e a orquestra La Fórmula.

O domingo 6 de xullo repetirase o esquema con misa solemne e procesión ás 13:30 horas. A música estará presente durante toda a xornada coa sesión vermú e verbena a cargo do Dúo Stylo e da orquestra Combo Dominicano, que promete animar o ambiente con ritmos festivos.

O luns 7 de xullo será o día grande para os máis pequenos e para as familias. Ademais da misa solemne, procesión e sesión vermú ao mediodía, a partir das 18:00 horas celebrarase unha festa infantil e tardeo a cargo de Total Sport e o Grupo Rubí, ofrecendo unha alternativa de lecer para pechar estas festas con diversión para todos.

⚙ Configurar cookies
0.16137790679932