Guntín presenta o programa da Festa do Pemento de Mougán

LugoXa
O municipio celebrará a vixésimo sexta edición da cita con actuacións musicais e degustacións
festa_do_pemento_de_mougán_programa
26 Xul 2024

A Festa do Pemento de Mougán continúa a ser unha cita habitual no concello de Guntín. O municipio celebrará a vixésimo sexta edición da cita o vindeiro 3 de agosto. O programa comezará ás 14.00 horas co pregón da man da concelleira de Medio Rural. Seguiralle a sesión vermú co grupo Alba e degustacións de epemento e churrascada de balde.

Pola tarde haberá campionato de tute xa pola noite, a partir das 22.00 horas, terá lugar unha cea degustación do pemento. A verbena dará comezo ás 23.30 horas e estará amenizada polo grupo Alba. Os interesados poden reservar mesa para xantar durante a xornada na que tamén estarán á venda pementos e licores de pementos.

festa_do_pemento_de_mougán
0.12048006057739