Guntín presenta o programa das súas festas
LugoXa
O sábado haberá misa, procesión e sesión vermú co grupo JB Son que tamén amenizará a verbena
Imaxe de arquivo
18 Xuño 2024
Guntín presenta o programa das súas festas que celebrarán os días 6, 7 e 8 de xullo. O sábado haberá misa a partir das 13.30 horas, procesión e sesión vermú co grupo JB Son que tamén amenizará a verbena. O domingo continúa o programa cunha misa cantada pola coral polifónica de Guntín, de novo a partir das 13.30 horas.
Posteriormente, os asistentes poderán gozar de procesión coa banda municipal e sesión vermú. A verbena estará protagonizada pola orquestra Galaxia. O luns continúa a celebración con misa, procesión coa banda municipal e sesión vermú do dúo Dilema que estará acompañado pola orquestra La Misión á noite.