Guntín rendeu unha homenaxe ao pemento de Mougán

LugoXa
A ex alcaldesa e agora conselleira pronunciou o pregón este mediodía
festa-do-pemento-de-mougan
Festa do pemento de Mougán
3 Ago 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, pronunciou este mediodía o pregón da XXVI Festa do Pemento de Mougán, que se celebra no concello lugués de Guntín. Neste acto, a conselleira louvou a excelencia deste produto da horta e salientou as súas particulares características e unha calidade que se ve recoñecida a través do propio indicativo da Indicación Xeográfica Protexida.

A IXP Pemento de Mougán conta con preto dunha decena de produtores, así como 5 almacenistas, e cunha superficie inscrita de 5 hectáreas situadas integramente no concello de Guntín, que permitiron acadar no pasado 2023 unha produción comercializada de preto de mil quilos de pemento.

0.18831491470337