Gustavo Santiago e Mónica Nieves lideraron o memorial de Rábade

TerraChaXa | LugoXa
Gustavo Santiago e Mónica Nieves foron os gañadores da carreira absoluta do XXI Memorial Eduardo Fernández Villamarín que se celebrou en Rábade e que reuniu a preto de 600 atletas.
carreira memorial rabade
29 Jan 2024

Gustavo Santiago e Mónica Nieves foron os gañadores da carreira absoluta do XXI Memorial Eduardo Fernández Villamarín que se celebrou en Rábade e que reuniu a preto de 600 atletas.

A proba, que constaba de 7 quiolómetros, foi completada por Gustavo Santiago en 20,21 minutos. Xunto a el estiveron no podio Anxo Castro e Antón Gómez.

Na feminina, Mónica Nieves parou o crono en 24,48 minutos, precedendo a Andrea Iglesias e Patricia Varela.

Nas categorías de menores, o grupo xuvenil estivo gobernado por Aarón Crende, Samuel Fernández e Ángel López na masculina, así como Lucía Cando, Eugenia Vérez e Claudia Morán, na feminina.

No segundo grupo, entre os nados entre 2012 e 2015, o gañador foi Mateo Cupeiro, seguido de Sergio Coira. Na feminina gañaron Lara López e Daniela Mourín.

Completaron o podio Nicolás Mourín e Gabriela López entre os máis novos.

Este memorial, que celebrou a XXI edición contou coa participación do fillo do homenaxeado, Óscar Fernández, que fixo a entrega de premios xunto á alcaldesa, Reme González, e o concelleiro Carlos González. A familia recibiu un agasallo como recordo a este atleta local.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.21593618392944