Habilitado un punto de limpeza e mantemento de bicis no Pazo dos Deportes

LugoXa
Rubén Arroxo supervisou o punto de limpeza e mantemento de bicicletas ubicado nun lateral do Pazo Provincial dos Deportes.
ruben arroxo efren castro
27 Xul 2021

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, supervisou o punto de limpeza e mantemento de bicicletas ubicado nun lateral do Pazo Provincial dos Deportes

A instalación, de uso libre e gratuíto, conta con dous puntos de auga corrente e con dúas torres coas ferramentas necesarias para que as persoas ciclistas poidan facer pequenas reparacións e traballos de mantemento nas súas bicicletas, como hinchar e cambiar rodas, reparar pinchazos, apretar parafusos ou axustar os freos.

Para que todas estas tarefas poidan realizarse coa maior comodidade, as torres conta con cadanseu brazo de suxección para colgar as bicicletas.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, anunciou que “o punto de limpeza e mantemento está a disposición de todas as persoas que empregan a bicicleta para a práctica deportiva ou para a mobilidade” e augurou que “será unha instalación moi empregada por persoas residentes na cidade que non dispoñen de espazos propios para estas tarefas básicas”

Pola súa banda, o tenente alcalde e concelleiro de Mobilidade de Lugo, Rubén Arroxo, destacou que se trata do “primeiro punto de limpeza e mantemento público” que se instala na cidade e indicou que “a ubicación é idónea pola súa proximidade ao paseo do río Miño”

Arroxo mostrouse convencido de que este servizo “contribuirá a consolidar o uso de bicicleta como medio de transporte, reducindo o uso do vehículo privado” e apuntou que concorda “co traballo que estamos a desenvolver a área de Mobilidade para promocionar a bicicleta, aumentando a capacidade de aparcabicis que hai pola cidade, facilitando unha transición cara a unha nova mobilidade máis ecolóxica"

0.17492389678955