Henry Méndez e París de Noia estarán nas festas do Corgo
LugoXa
O Corgo presenta o programa das súas festas patronais que celebrarán en setembro
11 Jul 2024
O Corgo presenta un ano máis o programa das súas festas patronais que celebrarán en setembro. Do 13 ao 15 a veciñanza deste municipio así como tamén asistentes que se acheguen gozarán de verbenas e sesións vermú con formacións como París de Noia e a actuación de Henry Méndez.
O programa comeza o venres 13 con verbena con París de Noia, disco móbil Coco Música e Dj Casanova. O sábado haberá sesión vermú con Zona Zero, que estará na verbena acompañada de Impacto e Dj Sonic. Ademais, contarán coa gran actuación de Henry Méndez, un dos platos fortes da celebración este ano. O programa remata o domingo 15 con sesión vermú da man de Elixir.