Homenaxean a Carlos Carballo tras 14 anos de dirección no CPI Ramón Piñeiro de Láncara

LugoXa | SarriaXa
Tras 14 anos como director, Carballo asumirá agora a coordinación da formación do profesorado dos 170 centros educativos da provincia como novo responsable do CFR de Lugo
despedida-Carlos-Carballo-director-CPI-Ramón-Piñeiro
25 Oct 2025

Un grupo de preto de 40 compañeiros e excompañeiros reuniuse nunha comida homenaxe para recoñecer o labor de Carlos Carballo, quen exerceu como director do CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao durante os últimos 14 anos. O acto serviu para agradecer a súa entrega e dedicación nun centro que conta con arredor de 240 alumnos e que destaca polo seu carácter próximo e familiar.

Na nova etapa profesional que inicia, Carlos Carballo será o responsable de coordinar a formación do profesorado dos 170 centros educativos da provincia de Lugo, como novo director do Centro de Formación e Recursos (CFR).

Carballo, que formou parte do equipo docente deste CPI durante 19 anos, desempeñou primeiro o cargo de xefe de estudos de Secundaria antes de asumir a dirección, en substitución de Rita Castedo. Agora, será Rubén Loureiro quen tome o relevo á fronte do colexio.

Durante o encontro, o homenaxeado cualificou esta etapa como “inolvidable”, subliñando a “gran convivencia” que define o centro e o “excepcional claustro e comunidade educativa” cos que tivo a sorte de traballar.

⚙ Configurar cookies
0.067682981491089