Homenaxeouse a Enrique Alvarellos no 20 aniversario do seu falecemento

LugoXa
O Coro do Hospital interpretou un fragmento da Cantata á Lanzada, composta por Enrique Alvarellos
Enrique-Alvarellos-homenaxe-Lugo
25 Maio 2024

O Concello de Lugo lembra a Enrique Alvarellos no 20 aniversario do seu falecemento na praza da Mosqueira, que acolleu o acto no que se colocou unha placa a carón de onde tivo a academia e a editora.

O acto contou coa intervención da concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto con Cecilia Alvarellos, representando á familia. O Coro do Hospital interpretou un fragmento da Cantata á Lanzada, composta por Enrique Alvarellos e o calrinetista Gerard Vázquez rematou o acto interpretando Unha noite na eira do trigo de Xoán Monte.

Maite Ferriro explicou que "a figura de Alvarellos transcedeu o seu labor docente, a actividade cultural de Enrique Alvarellos estivo ligada a Lugo dende o 1963 ata o ano 2000".

0.11134910583496