Hostaleiros de Palas de Rei únense nas primeiras xornadas gastronómicas de tapas de Nadal
Un grupo de hostaleiros de Palas de Rei únense na nova iniciativa conxunta de dinamización do sector coas primeiras xornadas gastronómicas de tapas de Nadal en Palas de Rei.
Esta cita que comezou onte 26 de decembro prolongarase ata o día 30 nos seis establecementos participantes na iniciativa, estes son: Arenas, Xaniño, Reloxería, Fornos Valín, Casa do Outeiro e Quinto Carallo.
Nas xornadas de tapas, cada establecemento participante presenta dúas tapas salgadas e unha doce que entrarán nun concurso de tapas de Nadal, con diferentes propostas, orixinais e innovadoras destas datas.
Nos citados establecementos, os clientes poden adquirir unha cartilla por valor 5 euros que dá dereito a unha tapa por establecemento, nos seis establecementos participantes no concurso de tapas, se o cliente esgota a cartilla selando nos seis participantes (consumindo seis tapas) entra no sorteo de 10 ceas para dúas persoas nun deses locais participantes.
Os organizadores da iniciativa animan a cidadanía a participar e degustar as creacións gastronómicas do concurso.