Hoxe da comezo a programación da última semana de agosto de tardeos e noiteos
Hoxe da comenzo a programación da última semana de tardeos e noiteos enmarcado dentro da iniciativa municipal Localmente Lucense.
Unha proposta que recorreu todos os barrios da cidade co obxetivo de dinamizar as rúas e os barrios así como impulsar as compras e o consumo no comercio e a hostalería local. Os tardeos terán lugar de 17:00 a 20:00 mentres que os noiteos teñen lugar de 21:00 a 23:00
A programación para esta semana comeza hoxe luns 29 agosto cun tardeo na praza da Soidade con maxia a cargo do mago Roberto Lolo e a actuación do Dj Fetén. O noiteo terá lugar la Ponte e será unha actuación musical de MavinL.
O martes 30 de agosto o tardeo terá lugar na praza de Augas Ferreas e será un Conto Contigo a cargo de Capitana Conto e cunha actuación musical de Dj Leivas.
Para rematar este programa de tardeos e noiteos o mércores 31 de agosto haberá un tardeo na praza da Milagrosa con un festival de reciclaxe e a actuación musical do DJ Juan Chousa.