Humanidades acollerá un congreso sobre feminismos en setembro
O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC organiza o Congreso internacional As culturas dos coidados e os feminismos, un encontro que se desenvolverá os días 28 e 29 de setembro na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo.
A sesión inaugural arrincará ás 10 horas do xoves 28 e dará paso a dúas xornadas de relatorios que afondarán en economía dos coidados, xénero, saúde mental, políticas públicas, sexualidade, co-housing, traballo doméstico, maternidades en cuestión, ou pedagoxía feminista ecoanimal, entre outros temas, da man de persoal docente e investigador da USC e das universidades de Granada, Sevilla e Estremadura.
Esta actividade, cuxa inscrición pode realizarse ata o día 28 de setembro a través dun formulario en liña, organízase ao abeiro do convenio de colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade para o desenvolvemento de actividades do Plan Corresponsables en Galicia, financiado con fondos do Ministerio de Igualdade.