Humanidades inaugura unha exposición con imaxes creadas pola mocidade e narradas por persoas da terceira idade

LugoXa
A concelleira da área de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello de Lugo, Cristina López, asistiu á inauguración da exposición Impresións: as nosas imaxes, as vosas voces que tivo lugar esta tarde na Facultade de Humanidades do Campus Terra de Lugo.
exposicion_humanidades
10 Maio 2024

A concelleira da área de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello de Lugo, Cristina López, asistiu á inauguración da exposición Impresións: as nosas imaxes, as vosas voces que tivo lugar esta tarde na Facultade de Humanidades do Campus Terra de Lugo.

A exposición trátase dun proxecto creado polo alumnado de primeiro do Grao en Xestión Cultural coa intención de ofrecerlle á xente moza a oportunidade de expresarse, sendo visibilizada nun proxecto cultural onde se presentan imaxes creadas polo seu punto de vista e narradas por persoas da terceira idade.

Cristina López felicitou ao alumnado polo seu traballo e destacou a importancia de "ofrecer espazos seguros onde as e os máis novos poidan expresarse libremente e ser escoitados, xa que iso deixa paso á diversidade de opinións, ao pensamento crítico e, neste caso, ao diálogo interxeneracional ao traballar tamén con persoas de outras xeracións".

0.15722584724426