Iago Río Pernas gaña o concurso de postais do Concello de Outeiro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
Nos vindeiros días farase pública a data e a hora do acto no que se procederá á entrega oficial dos premios ás persoas gañadoras
postal-ganadora-outeiro-de-rei
29 Dec 2025

O Concello de Outeiro de Rei xa deu a coñecer os nomes das persoas gañadoras do concurso de postais de Nadal, unha iniciativa impulsada pola área de Cultura e dirixida ao alumnado de Educación Primaria do municipio.

Na primeira categoría, na que participaron escolares dos tres primeiros cursos de Primaria, resultaron premiados Abril López Mallo, Adrián Blanco Pérez, Guzmán Vilela García e Sergio Mouriz Pena, cuxas creacións destacaron pola súa creatividade e calidade artística.

Pola súa banda, na segunda categoría, destinada ao alumnado dos tres cursos superiores de Primaria, o xurado acordou conceder os galardóns a Iago Río Pernas, autor dunha postal coa que felicitou o Nadal aos veciños e veciñas do concello, así como a Carla Rouco Marqués, Aroa Fernández Barreiro e Rosa Morais Corbelle.

Desde o Concello de Outeiro de Rei informaron tamén de que nos vindeiros días se fará pública a data e a hora do acto no que se procederá á entrega oficial dos premios ás persoas gañadoras.

⚙ Configurar cookies
0.078801155090332