Imparten en Becerreá un obradoiro de alimentación saudable
LugoXa
Este venres 30 de xuño o Centro Social de Becerreá acolle un obradoiro de alimentación saudable a cargo de Susana Blanco Veiras
29 Xuño 2023
Este venres 30 de xuño o Centro Social de Becerreá acolle un obradoiro de alimentación saudable a cargo de Susana Blanco Veiras, nutricionista do cento de saúde local.
O obradoiro dará comezo ás 16.00 horas e ten como obxectivo de que as persoas asistentes adquiran coñecementos sobre alimentación para poder implantar na súa vida diaria e coñecer os beneficios dunha boa alimentación.
O programa contará con cinco apartados, os nutrientes básicos, recomendación por grupos de alimentos, método do plato, o azucre nos alimetnos e a lectura de etiquetas.
Finalizada a charla, farase unha pequena andaina.