Imparten en catro parroquias de Outeiro de Rei un curso de manexo do móbil para maiores

LugoXa | TerraChaXa
Cada curso terá unha duración total de 5 horas repartidas en dúas sesións
Imaxe recurso de cobertura móbil
10 sep 2024

O Concello de Outeiro de Rei ten aberto o prazo de inscrición no Curso Básico de Manexo do Móbil incluído na programación para persoas maiores do municipio.

Este curso prevese realizar en catro parroquias do municipio e terá unha duración total de 5 horas repartidas en dúas sesións. Así, en Robra será o 16 e 17 de setembro, en Outeiro de Rei os días 23 e 24, en Cela o 30 de setembro e 1 de outubro e en Matela, o 7 e 8 de outubro. O horario para todos é de 16:00 a 18:30 horas.

O curso permitirá ás persoas asistentes coñecer as posibilidades que ofrecen os móbiles e o uso seguro dos mesmos.

Entre outros temas aprenderase a enviar e notificar localizacións, almacenar contrasinais, descargar o certificado dixital, solicitar citas médicas, buscar e instalar aplicacións de aprendizaxe e entretemento, adquirir nocións básicas de mantemento de móbiles…

A inscrición é gratuíta e pódese realizar na casa da cultura de Outeiro de Rei en horario de 10:00 a 14:30 horas.

0.17955589294434