Imparten en Friol un curso de agricultura ecolóxica
TerraChaXa | LugoXa
O centro sociocultural de Friol acollerá este xoves, 30 de setembro, un curso gratuíto de Avicultura Ecolóxica que imparte Agacal.
26 Sep 2021
O centro sociocultural de Friol acollerá este xoves, 30 de setembro, un curso gratuíto de Avicultura Ecolóxica que imparte Agacal, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria.
O curso desenvolverase durante sete horas dando comezo ás 10.00 horas e tratará temas como a produción ecolóxica e o seu consumo en Glaicia, a nova normativa, a comunicación ambiental e a pegada do carbono así como o mercado da produción avícula ecolóxica.
A sesión teórica completarase cunha visita a unha explotación modelo.