Imparten en Guntín un curso de formación en RCP básica

LugoXa
A actividade desenvolverase na Casa da Cultura, en horario de 16.30 a 19.30 horas, e estará impartida por Juan José López
rcp
29 Dec 2025

O Concello de Guntín acollerá este martes, 30 de decembro, un curso de RCP básica, unha acción formativa orientada a mellorar a capacidade de resposta da veciñanza ante situacións de emerxencia sanitaria e a dotar ás persoas participantes de coñecementos fundamentais para actuar con rapidez e eficacia en casos de parada cardiorrespiratoria.

A actividade desenvolverase na Casa da Cultura de Guntín, en horario de 16.30 a 19.30 horas, e estará impartida por Juan José López, profesional sanitario con experiencia na formación en primeiros auxilios. O curso está dirixido á poboación en xeral e pretende fomentar a prevención e a seguridade, achegando ferramentas básicas que poden resultar decisivas en situacións críticas.

As persoas interesadas en participar poden obter máis información e formalizar a súa inscrición chamando ao Concello de Guntín, no teléfono 982 32 00 01. A iniciativa está organizada de maneira conxunta polo Centro de Saúde de Guntín e o Concello, dentro do seu compromiso coa promoción da saúde e o benestar da cidadanía.

⚙ Configurar cookies
0.083992004394531