Imparten en Lugo un curso sobre capacitación para persoal de granxas avícolas

LugoXa
Lugo acolle unha formación sobre capacitación para o persoal de granxas de gando avícola no edificio da Xunta
galinas gallinas
22 Nov 2022

Lugo acolle unha acción formativa sobre capacitación para o persoal de granxas de gando avícola organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

O obradoiro impartirase ao longo de catro días no edificio administrativo da Xunta en Lugo a partir do vindeiro venres 25 de novembro. O obxectivo desta formación é que os alumnos adquiran as competencias necesarias para o traballo profesional no sector avícola, incluíndo aspectos tanto prácticos como teóricos dos novos sistemas produtivos, as medidas de bioseguridade nas explotacións ou a xestión do esterco.

O curso está dirixido á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.
Para máis información e facer a pre-inscrición en liña do obradoiro esta dispoñible esta páxina.  O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 294 988, ou enviarse un correo a oscar.cacharron.mojon@xunta.gal.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18343710899353