Imparten en Rábade un curso oficial de monitor de tempo libre

TerraChaXa | LugoXa
Será un curso especial no que ademais se incluirá unha titulación a maiores: Especialista en educación medioambiental.
5 Feb 2021

Xa está aberto o prazo para a inscripción no novo curso de monitor de ocio e tempo libre, que contará coa titulación oficial da Xunta de Galicia, que se organiza Galwy xunto coa Asociación Galega de Custodia do Territorio e a Casa das Insuas.

Esta iniciativa conta coa colaboración do Concello de Rábade e será impartido dende a Escola de Tempo Libre Bugallo.

Será un curso especial no que ademais se incluirá unha titulación a maiores: Especialista en educación medioambiental.

O curso desenvolverase entre o 20 de febreiro e o 25 de abril en intensivo de fin de semana: sábados e domingos en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 e 3 venres pola tarde.

Cumpriranse todos os protocolos pola covid-19. O curso pode sufrir modificacións en canto a datas e horarios en función da situación sanitaria. A reserva de prazas ten que facerse en info@galwy.com ou no teléfono 982 804 773.

O curso ten un prezo de 250 euros e permite o pago fraccionado.

0.15091800689697