Imparten na Casa das Insuas un novo curso de ilustración da natureza

LugoXa | TerraChaXa
Este domingo estará centrado na flora das insuas
curso-ilustracion-natureza-portada
Cartel do evento
23 Maio 2024

Este domingo 23 de xuño terá lugar na Casa das Insuas o último Curso de ilustración da natureza do 2024, impartido pola debuxante Mariana Roura e organizado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, no que se poden aprender as bases para debuxar a natureza.

O curso conta con catro sesións ao longo do ano das que xa se celebraron tres, o 24 de marzo (as aves das Insuas) e o 14 de abril e o , para pequenos mamíferos das Insuas.

Continúan o domingo coa flora das insuas e o 23 de xuño rematarán con composicións naturalistas: como retratar pequenos tesouros.

Pódese realizar o curso completo ou as sesións que se escollan. A inscrición para este está aberta e para os outros abrirase uns 10 días antes de cada sesión. Esta debe facerse en www.custodiadoterritorio.org/actividades. As prazas son limitadas.

Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

0.16986203193665