Imparten na UNED un curso sobre o espectro autista
RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A UNED de Lugo ofrece unha actividade para facilitar a inclusión na aula do alumnado con Trastorno do Espectro Autista.
10 Apr 2021
A UNED de Lugo ofrece unha actividade para facilitar a inclusión na aula do alumnado con Trastorno do Espectro Autista para o que está aberto o prazo de matrícula.
Na segunda edición deste curso, ofreceranse estratexias educativas de apoio dentro da aula para atender ao alumnado con TEA, dando resposta ás súas necesidades desde unha perspectiva diversa e plural, facilitando con iso o complexo labor docente.
Será impartido por María Inés Flores Lozano, educadora social, técnico especialista en integración social, familiar, educativa e laboral
(persoas con discapacidade) e presidenta Asociación Raiolas Lugo.
Realizarase presencial ou en liña, en directo ou en diferido, do 19 ao 29 de abril, en horario de 16:00 a 19:30.