Imparten un curso de castelán para migrantes en Castro de Rei
LugoXa | TerraChaXa
Impartirase entre o 29 de xullo e o 20 de agosto no edificio da Biblioteca e Correos
Cartel
25 Xul 2024
A Fundación Impulsarse, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Agrupación Redevital, organiza un curso gratuíto para mellorar as habilidades orais en castelán dirixida á veciñanza de Castro de Rei e os seus arredores.
O curso impartirase entre o 29 de xullo e o 20 de agosto na praza Maior de Castro de Rei, no edificio da Biblioteca e Correos.
Este curso é parte dos programas de promoción da participación social e está deseñado para axudar aos migrantes e a todos aqueles que desexen mellorar a súa fluidez en castelán. Contaremos con instrutores capacitados e un ambiente acolledor para facilitar a aprendizaxe.
Infórmse a través do WhatsApp 698 127 315.