Improdutivas leva ao Clavicémbalo unha sesión de improvisación teatral sen guión

O grupo teatral Improdutivas presentará no Clavicémbalo de Lugo a súa proposta de improvisación teatral sen guión o vindeiro xoves 15 de xaneiro ás 22.00 horas.
Trátase dun espectáculo no que a creación escénica nace no momento, sen textos pechados nin estruturas previas, apostando pola interacción, a sorpresa e a reacción inmediata sobre o escenario.
Tal e como definen as propias integrantes do grupo, a función estará marcada polos gorxeos arriscados e unha boa dose de cara dura, ingredientes cos que buscan xerar situacións imprevisibles e provocar a risa do público.
A actuación promete unha noite na que a espontaneidade e o humor serán os protagonistas, convertendo o Clavicémbalo nun espazo para o xogo teatral e a creatividade sen límites.