Impulsan a humanización de sete rúas do Concello de Monterroso

LugoXa
O proxecto mellorará a mobilidade, a seguridade e o atractivo turístico e comercial da localidade mediante a reparación dos viarios e a instalación de novas luminarias LED
Concello-de-Monterroso-e-Xunta-de-Galicia
21 May 2025

A Xunta, a través da Axencia de Turismo de Galicia, e o Concello de Monterroso asinaron un convenio de colaboración para executar o proxecto de humanización de sete rúas da localidade.

O acordo suporá mellorar a mobilidade e a seguridade nos propios viarios e nas súas contornas. En concreto, o convenio asinado establece as bases para o financiamento das obras necesarias para a humanización das rúas Álvaro Cunqueiro, avenida do Marco, rúa Xoán Montes, rúa Irmán Xesús, travesía da Feira, rúa da Xesta e rúa San Miguel.

En todas elas procederase á reparación e mellora da capa de rodadura e, a maiores e segundo os casos, repintaranse as marcas viarias e colocaranse novas luminarias led.

Arias puxo en valor estas actuacións “que servirán para adecuar estes espazos públicos e recuperalos como unha área de interacción social, cunhas mellores condicións de seguridade e mobilidade para os seus usuarios, reforzando ao mesmo tempo o atractivo de Monterroso e dándolle pulo ao turismo e o comercio local nestas zonas”.

⚙ Configurar cookies
0.17632579803467