Impulsan un ano máis o Proxecto Persoas, que fomenta o baloncesto inclusivo

LugoXa
A Fundación Breogán fomenta a proposta, dirixida a promover a práctica do baloncesto entre persoas con capacidades diferentes e que está apoiada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo
Proxecto-Persoas
5 Out 2024

A Fundación Breogán impulsa un ano máis a iniciativa de baloncesto inclusivo Proxecto Persoas impulsada pola dirixida a promover a práctica do baloncesto entre persoas con capacidades diferentes e que está apoiado de novo pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e o director da Fundación Breogán Luis Abel Taboada, acompañados por representantes de Raiolas Lugo, Adace e Afalu, presentaron a terceira edición do proxecto.

A proposta ofrece unha alternativa de ocio e actividade física adaptada a persoas diversas con sesións de adestramento semanais no Pazo dos Deportes. O persoal da Fundación Breogán, co apoio das entidades colaboradoras, encargarase de dirixir estas sesións, que se desenvolverán os xoves, de 16.00 a 17.00 horas. As persoas interesadas en participar deste proxecto deportivo -dirixido a menores de 21 anos - poden anotarse a través do formulario disponible na web e nas redes sociais da Fundación Breogán.

0.14595508575439