Iñaki Vilariño e Lorena Novoa encabezan a asemblea local do BNG de Monterroso

LugoXa
Elixiuse a través dun proceso democrático, participativo e asembleario
asemblea-bng-monterroso
15 Jan 2025

O Bloque Nacionalista Galego en Monterroso vén de constituír a súa asemblea local e elixiu a través dun proceso democrático, participativo e asembleario a nova responsabilidade local da fronte nacionalista.

Como froito deste proceso saíu elixido Iñaki Vilariño como responsábel local e Lorena Novoa como vicerresponsábel.

Esta responsabilidade compartida desenvólvese para mellorar o traballo político e social deste concello e deste xeito, poder chegar e afrontar as problemáticas e circunstancias cunha mellor comunicación coa veciñanza.

Lorena Novoa expresou o seu agradecemento polo apoio recibido e manifestou a súa vontade «de traballar con entusiasmo en prol dos intereses de Monterroso».

Neste sentido, Iñaki Vilariño fixo fincapé na corrente de simpatía cara o BNG “día a día, máis persoas súmanse ao proxecto do BNG, somos a alternativa para acadar un novo Monterroso de futuro e progreso”.

0.17020487785339