Inaugurada a árbore de Nadal de Palas de Rei tecida pola Asociación de Amas de Casa San Tirso

LugoXa
A árbore, que foi tecida a man coa técnica do croché, mide case catro metros de alto e na súa base está dotada de case seis metros de perímetro
arbore-Nadal-Palas-de-Rei-Amas-de-Casa-San-Tirso
11 Dec 2024

A árbore de Nadal de Palas de Rei, elaborada pola Asociación de Amas de Casa San Tirso de Palas de Rei a través do seu obradoiro de manualidades e artes creativas, foi inaugurado na praza do Concello de Palas de Rei.

A árbore, que foi tecida a man coa técnica do croché, mide case catro metros de alto e na súa base está dotada de case seis metros de perímetro.

O Concello de Palas de Rei colabora coa Asociación de Amas de Casa San Tirso para a súa instalación e asentamento da estructura, ademais de facerse cargo dos custos da elaboración.

Pola súa banda, as integrantes da Asociación encargáronse do tecido a man de cada un dos elementos que conforman a árbore.

A directora desta inicitiva foi Marisa López Martiñez e as integrantes que participaron no tecido da la a man foron Inma González Ouro, Angela Pérez Vázquez, Inmaculada Varela Varela, Maria José Martinez Viña, Ana María Varela Mosquera, M. Carmen Carnero Pérez, Eva Toural Fernández, Maria José Muinelo Rico, Saladina Gómez Gómez, Mónica Vazquez Liñeira, Pilar Garcia Pereiro, Milagros Gómez Pereiro, Nely Pérez Vázquez, Begoña Sanmartín Rivas, Dolores Fernández González.

 

0.1724898815155