Inaugurada a exposición 'Os Maragatos da Porta de San Pedro' sobre esta familia lucense

LugoXa
A exposición ofrece un resumo da traxectoria desta familia, asentada en Lugo desde 1880, e pon en valor a súa contribución á vida cultural, económica e social da cidade
Os-Maragatos-exposición-Lugo
4 Feb 2025

A exposición Os Maragatos da Porta de San Pedro, organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Pérez-Carro foi inaugurada na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela. A mostra, que estivo aberta na Biblioteca Provincial de Lugo desde comezos do pasado mes de decembro, está formada por doce paneis informativos e por unha vitrina con obxectos e documentos que ilustran a historia da familia Pérez-Carro e o seu relevante papel comercial e social na cidade de Lugo ao longo de 145 anos.

A exposición ofrece un resumo da traxectoria desta familia, asentada en Lugo desde 1880, e pon en valor a súa contribución á vida cultural, económica e social da cidade. O contido da mostra tamén está recollido no catálogo que se entrega de balde aos visitantes.

A inauguración contou coa intervención de Jesús Torres, director da Biblioteca Ánxel Casal, e Xulio Xiz, coautor da exposición. O evento tamén contou coa presenza de Valentín García Gómez, secretario Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, e dos deputados por Lugo no Parlamento de Galicia, José Manuel Mato e Nicole Grueira. Ademais, participaron o xornalista lucense Lois Celeiro e membros das familias Carro Otero e López Carro, de Santiago, descendentes dos Pérez-Carro lucenses.

A exposición poderá visitarse na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago durante as próximas semanas, e é unha oportunidade única para coñecer máis sobre a historia desta ilustre familia lucense.

0.16954183578491