Inaugurada a nova pasarela peonil sobre a N-VI en Lugo

LugoXa
Aficionados del CD Lugo y miembros de los clubs que entrenan en el entorno inauguraron la pasarela peatonal sobre la N-VI.
Inauguración pasarela N VI (3)
30 Xan 2022

Afeccionados do CD Lugo e membros dos clubs que adestran e compiten nas instalacións deportivas da contorna fluvial coa alcaldesa de Lugo inauguraron a nova pasarela peonil sobre a N-VI, promovida no marco da estratexia DUSI Muramiñae co fin de mellorar a accesibilidade ao río desde a trama urbana.

Con esta ponte créase un novo itinerario seguro para peóns e bicicletas que vai a favorecer a continuidade do casco urbano á zona do Miño, pois ata o de agora soamente existían accesos peonís mediante pasos inferiores, ademais de reducir a dependencia do uso do vehículo e mellorar a seguridade viaria.

Esta nova infraestrutura permite que os nenos e a mocidade poidan trasladarse a realizar deporte e gozar das oportunidades de ocio que ofrece o río de maneira segura, andando ou en bicicleta. Tamén se beneficia toda a cidadanía.

Esta pasarela é unha das obras que está a executar para transformar a mobilidade da cidade, co fin de convertela nunha cidade que aposta pola sostenibilidade tendo en conta o coidado do medio ambiente e a loita contra o cambio climático.

O Concello está traballando tamén na mellora doutros accesos ao Miño como a ampliación do paso soterrado da N-VI, e en breve comezará a executarse a peonalización desde a Calzada da Ponte ata a nacional. Ao mesmo tempo, se están construíndo novos equipamentos de uso público e gratuíto, como as caldas e a praia fluvial, que permitirán impulsar as actividades a desenvolver na contorna fluvial, e que a cidade gañe un novo recurso cultural, de recreo e turístico.

A pasarela será tamén un símbolo de orgullo de cidade, xa que, gracias a iluminación ornamental instalada no exterior, e que complementa á interior de led branca ao longo de todo o pasamáns inferior, a infraestrutura pode adoptar diferentes cores. Así, por exemplo, os días que o CD Lugo dispute os seus partidos no Anxo Carro, iluminarase coas cores albivermellas para animar ao equipo. Así mesmo, a pasarela sumarase aos edificios municipais que se iluminan en distintos días do ano para darlle visibilidade a numerosas accións que solicitan as asociacións e colectivos.

Durante o acto de inauguración, que tivo lugar na previa do partido entre o equipo albivermello e o Burgos CF, de Segunda División, levouse a cabo o descubrimento dunha placa conmemorativa. Ademais, tamén houbo unha actuación a cargo do Espazo de Danza da USC e unha chocolatada e sesión de música co DJ Marcos Peón.

Características técnicas

Trátase unha pasarela de pavimento antideslizante e de arco metálico rebaixado, que se considera o máis adecuada debido á súa luz libre de 45 metros, apoiada en dous estribos de formigón, circulares de 1,5 metros de diámetro, que á súa vez sirven de apoio ás rampas de acceso, tamén metálicas e con trazado helicoidal.

O acceso norte realizase dende o actual paso de peóns sobre o ramal de enlace coa N-VI, para o que se acondicionou un camiño peonil que discorre entre os ramais do enlace dirección Madrid-Lugo e Lugo-Coruña, de xeito que se comunica o paso de peóns coa isleta na que se sitúan as rampas de acceso. O acceso sur comunica a rampa cun paso de peóns existente no entorno do aparcadoiro, e este á súa vez, coa beirarrúa que bordea o complexo deportivo.

O orzamento deste proxecto, enmarcado dentro da estratexia DUSI Muramiñae, da Muralla ao Miño, cofinanciada ao 80% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), é 971.250 euros

0.19014096260071