Inauguran en Lugo unha mostra de fotografías do pasado, presente e futuro da Residencia

LugoXa
Tanto a voceira do Grupo Municipal como o presidente local do PP manifestaron que o que mantén vivo un barrio é a acción das persoas
exposicion_a_residencia_lugo
Imaxe da mostra
31 Maio 2024

O PP invita aos lucenses a visitar a exposición de fotografías do pasado, presente e futuro da Residencia. Tanto a voceira do Grupo Municipal como o presidente local do PP manifestaron que “o que mantén vivo un barrio é a acción das persoas que o elixen para residir nel ou para instalar os seus proxectos profesionais” destacando “a aposta da Xunta por esta zona, onde investiu máis de 30 millóns de euros o que permitiu a posta en marcha de máis servizos como o Centro Integral de Saúde e a residencia de maiores”.

Continuando cos actos nos que o Partido Popular poñer en valor os investimentos realizados pola Xunta de Galicia no barrio de A Residencia vense de inaugurar unha exposición fotográfica que pretende reflexar o pasado, o presente e o futuro dun barrio, o de San Antón, que axudou a dar forma ao Lugo que coñecemos.

Ábrese unha vez máis a sede do PP de Lugo coma espazo aberto á cidadanía. No acto de inauguración Elena Candia agradeceu aos lucenses anónimos así como ás entidades colaboradoras a súa implicación aportando imaxes inéditas que permiten documentar fotograficamente a historia deste barrio senlleiro da nosa cidade A exposición poderá visitarse durante o mes de xuño, de luns a venres, en horarios de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 19.30 horas, na sede do PP de Lugo, en Ramón Cabanillas, 14 – Baixo.

0.20647501945496