Inauguran no Vello Cárcere de Lugo unha exposición sobre a historia da telefonía

LugoXa
A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo e a asociación Sénior de Telefónica de Lugo (ASTELU) organizan no Vello Cárcere unha exposición sobre a historia da telefonía.
expsociion telefonia_lugo
19 Abr 2024

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo e a asociación Sénior de Telefónica de Lugo (ASTELU) organizan no Vello Cárcere unha exposición sobre a historia da telefonía. Coincidindo co 100 aniversario da empresa, inauguraron a mostra que xira sobre a evolución das comunicacións nos últimos 100 anos.

A mostra está composta por 170 fotografías, equipos e materias que percorren os 100 anos de Telefónica na provincia. Conta cunha selección de dispositivos fixos e móbiles, e mostra tamén o avance no cableado e nas centrais telefónicas neste século, e complétase cunha mostra de fotografías de Lugo mostrando tamén o avance da cidade nos últimos 100 anos. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 3 de maio.

O tenente alcalde, Rubén Arroxo; a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción a Lingua, Maite Ferreiro e o deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, acompañados por integrantes da asociación de xubilados de Telefónica en Lugo, inauguraron a mostra que xira sobre a evolución das comunicacións nos últimos 100.

A exposición forma parte dos actos de conmemoración que organiza o colectivo, e aos que se suma a Deputación achegando 3.000 euros á asociación, que celebrará o vindeiro 26 de abril en Lugo unha Xuntanza do Noroeste Galicia-Asturias.

0.17289018630981