Inaugúrase o Curso para o Desenvolvemento de Habilidades Empresariais en Lugo

LugoXa
O proxecto busca mellorar a empregabilidade de persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual
Proxecto-Troya-USC-Lugo
23 Sep 2025

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo acolleu a inauguración do Curso para o Desenvolvemento de Habilidades Empresariais, unha iniciativa dirixida a persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual que pretende mellorar a súa empregabilidade e sensibilizar ás empresas e estudantes universitarios sobre a inclusión laboral.

Ao acto asistiron tamén o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López, e a representante da Asociación de Síndrome de Down Lugo, Saray Lodeiro Castro, entre outras autoridades.

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, destacou que a Deputación de Lugo apoia este tipo de proxectos porque “o desenvolvemento económico non ten sentido se non trae consigo dignidade e igualdade para todas as persoas”, poñendo en valor a aposta pola inclusión e a igualdade de oportunidades na provincia.

⚙ Configurar cookies
0.096944808959961