Incorporan dous mestres ao IES Ollos Grandes e outro ao Lucus Augusti

LugoXa
Javier Arias que explicou ademais que está en marcha o proceso de chamamento para cubrir a praza de subalterno do IES Ollos Grandes
lugo-ies-lucus-augusti
10 Out 2024

Nos vindeiros días incorporarase un mestre especialista en Pedagoxía Terapéutica ao IES Ollos Grandes e outro ao Lucus Augusti, de Lugo, tal e como estaba previsto desde o inicio do curso por parte da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, valoradas as peticións do servizo de Inspección educativa. Así o confirmou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias que explicou ademais que está en marcha o proceso de chamamento para cubrir a praza de subalterno do IES Ollos Grandes, seguindo o procedemento e os prazos habituais en Función Pública.

En canto á demanda do Lucus Augusti de incorporar un profesor para os ciclos de Química, o delegado territorial afirmou que a Consellería dotou ao instituto dun número de profesorado suficiente para que a dirección do centro puidese decidir os diferentes perfís do equipo docente para poder impartir tódalas materias, polo que a atención ao alumnado está totalmente garantida.

Javier Arias negou ademais que se estean a rexistrar retrasos nas obras de rehabilitación integral que se executan no instituto lucense e explica que as aulas móbiles para reubicar ao alumnado mentras duren os traballos se instalarán a vindeira semana, unha vez se retiren as barracas do feiral de San Froilán, que agora imposibilitan o acceso cos módulos ao recinto do centro educativo.

0.20356512069702