Inés Mourenza, do CN Portamiñá, subcampioa de España en augas abertas

O Club de Natación Portamiñá de Lugo celebra os excelentes resultados acadados polos seus nadadores no Campionato de España de Augas Abertas, celebrado recentemente en Eivisa, onde a lucense Inés Mourenza logrou o subcampionato de España na categoría júnior na esixente proba de 10 quilómetros, e repetiu podio cun segundo posto na modalidade Knock Out 3000 metros júnior-2, consolidándose como unha das grandes promesas nacionais desta disciplina.
Grazas a estes destacados resultados, a nadadora foi seleccionada para formar parte do equipo nacional júnior de augas abertas, que representará a España no Campionato de Europa, que se celebrará en Setúbal (Portugal), do 9 ao 21 de xuño.
Pola súa banda, o seu compañeiro de club, Iván Díaz, tamén tivo unha actuación salientable na proba de Knock Out, onde acadou unha meritoria 15ª posición nacional na categoría júnior.
Desde o Club Natación Portamiñá destacan o esforzo, a dedicación e o talento dos seus deportistas, e móstranse orgullosos de contar con representantes a nivel nacional e internacional.