Inés Mourenza foi seleccionada para o Campionato de Europa de Augas Abertas
LugoXa
Inés Mourenza foi seleccionada para o Campionato de Europa de Augas Abertas, do 29 de setembro ao 1 de outubro en Corfú (Grecia).
10 Jun 2023
A nadadora Inés Mourenza Rocha do Club Natación PortaMiñá de Lugo, que vén de conseguir a medalla de prata na distancia de 7500 mts da categoría Junior-1 no Campionato de España de Augas Abertas celebrado en Sevilla, formará parte da selección española.
A Federación Española publicou a convocotoria da seleccións de augas abertas, que competirá no Campionato de Europa, que se celebrará o 29 do setembro ao 1 de outubro en Corfú, Grecia.
Por primera vez unha nadadora do club lugués formará parte de una selección nacional e ademais farano nun campionato europeo.