Infraestruturas actúa no parque da Rolda do Carme para mellorar a accesibilidade

LugoXa
Os traballos estanse a realizar estes días no parque da Rolda do Carme, na unión desta rúa coa Fonte dos Ranchos.
obras accesibilidade rolda do carme
27 Sep 2021

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou dos traballos que se están a realizar no parque da Rolda do Carme, na unión desta rúa coa Fonte dos Ranchos. Alexandre Penas explicou que “estamos a traballar na mellora da pavimentación desta zona verde, debido a que o crecemento das árbores produciron levantamentos no chan presente ata o momento”. 

A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas consiste na aplicación dunha nova pavimentación na zona de tránsito peonil do parque “para garantir a maior accesibilidade para a veciñanza, especialmente no caso de persoas de mobilidade reducida”, segundo declarou Alexandre Penas.

O concelleiro de Infraestruturas afirmou que “damos solución a unha reclamación importante para a veciñanza desta zona da cidade” e destacou o papel da veciñanza á hora de planificar o traballo da concellería de Infraestruturas. “As veciñas e veciños coñecen de primeira man a zona na que viven e as súas reclamacións e solicitudes serven para planificar o noso traballo”, explicou Alexandre Penas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18266701698303