Infraestruturas avanza na mellora da accesibilidade cunha nova actuación na Rolda do Carme
O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou do remate dos traballos de mellora da accesibilidade no parque da Rolda do Carme, situado na unión desta rúa coa Fonte dos Ranchos. Alexandre Penas explicou que "renovamos a pavimentación desta zona verde, porque o crecemento das árbores produciron levantamentos no chan que dificultaban os desprazamentos da veciñanza".
A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas consistiu na aplicación dunha nova pavimentación na zona de tránsito peonil que permitirá "garantir a maior accesibilidade para a veciñanza, especialmente no caso de persoas de mobilidade reducida", segundo declarou Alexandre Penas.
O concelleiro de Infraestruturas afirmou que "damos solución a unha reclamación importante para a veciñanza desta zona da cidade" e destacou o papel das veciñas e veciños á hora de planificar o traballo da concellería de Infraestruturas, "dado coñecen de primeira man a zona na que viven e as súas reclamacións e solicitudes serven para planificar o noso traballo".