Infraestruturas avanza na renovación do firme de varios viais das Gándaras

LugoXa
Renovarase a capa de rodadura de nove rúas e varios ramais de acceso que se atopan en avanzado estado de deterioro nun prazo de oito semanas.
ruben arroxo renovacion vias gandaras
29 Xuño 2021

O tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou a adxudicación da renovación do firme de nove rúas e varios ramais de acceso que se executarán no barrio das Gándaras. "Damos resposta a unha solicitude veciñal, realizando unnha actuación integral no barrio que mellorará os viais e os accesos ás Gándaras", explicou Rubén Arroxo.

A área de Infraestruturas actuará nas rúas Vagalume, Bolboreta, Paporrubio, Galo, Gaivota, Toledo, Areas, Rola, Camiño de Gustavo e Pombo, ademais dos ramais de acceso da rúa da Rola á Avenida Adolfo Suárez, Bolboreta a Monte Pía Páxaro e Adolfo Suarez á Urbanización Castro Gil. A actuación consistirá nunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará un selado do firme ante a acción da auga e unha prolongada duración da actuación. Ademais, renovarase a sinalización horizontal, que se mellorará nos cruces complicados.

A execución desta obra foi adxudicada a Francisco Gómez y Cia SL, cun orzamento de 184.149€ e un prazo de execución de oito semanas. "Continuamos a traballar na mellora dos barrios da cidade e das zonas periurbanas, mellorando a calidade de vida das veciñas e veciños que a diario utilizan os viais", afirmou Rubén Arroxo.

0.18706297874451