Infraestruturas continúa coa mellora da rede de alumeado público municipal na Milagrosa

LugoXa
Dende infraestruturas están a realizar unha serie de actuacións no barrio da Milagrosa para mellorar a imaxe da rede de alumeado
Infraestructura alumeado publico milagrosa
11 Oct 2022

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o Goberno de Lugo está a realizar unha serie de actuacións no barrio da Milagrosa para mellorar a imaxe da rede de alumeado.

Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas, explicou que "estamos a traballar no repintado das farolas, unha actuación que permitirá garantir a boa imaxe destes elementos no casco histórico, onde ademais cumplen un importante papel na decoración da vía pública". Penas anunciou que “os traballos están a executarse simultaneamente co pintado da sinalización horizontal na zona”.

Alexandre Penas lembrou que "desde a nosa chegada ao goberno fixemos un importante investimento na mellora do alumeado público", e engadiu "nos últimos tres anos investíronse máis de 3 millóns de euros na renovación da rede de alumeado, implantando luminarias LED de baixo consumo, e aplicando a perspectiva de xénero para evitar contar con zonas escuras".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19990301132202