Infraestruturas mellora a accesibilidade de varias zonas da cidade de Lugo

LugoXa
A área de Infraestruturas está a realizar durante estes días o mesmo tratamento en diferentes zonas da cidade.
parque infantil augas ferreas lugo 2
1 Xul 2021

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, visitou xunto co concelleiro de Infraestruturas a avenida de Breogán, onde se vén de aplicar un tratamento antideslizante no treito final, á altura do número 37. A área de Mobilidade e Infraestruturas está a realizar durante estes días o mesmo tratamento nas rúas María Castaña, na baixada da Avenida de Madrid a Augas Férreas, e en Alcalde Carlos V. Pimentel, entre a avenida das Américas e Marqués de Ombreiro.

O tenente alcalde explicou que “respondemos a unha solicitude da veciñanza da contorna destas tres rúas, que a diario tiñan que andar por zonas con moita pendente e que chegaban a ser moi esvaradizas, mellorando así a súa calidade de vida”.

O tratamento aplicado nesta zona permitirá garantir unha maior adherencia ao camiñar pola zona sen cambiar as baldosas. Arroxo afirmou que “nos últimos meses realizamos varias actuacións noutras zonas da cidade para garantir a accesibilidade da veciñanza en rúas con moita pendente”, en relación ás actuacións levadas a cabo pola área de Mobilidade e Infraestruturas na rúa Río Eo e no Carril dos Indios.

obras estradas
0.19323492050171