Inicia o procedemento para adxudicar a explotación do Club Náutico de Portomarín

LugoXa
A Deputación aprobou iniciar o procedemento de concorrencia pública para adxudicar por concurso a explotación do Club Náutico de Portomarín
club nautico portomarin
8 Out 2022

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou iniciar o procedemento de concorrencia pública para adxudicar por concurso a explotación do Club Náutico de Portomarín, de titularidade da Deputación de Lugo. O prezo mensual fixado é de 300€, é dicir, 3.600€ ao ano. A institución provincial avaliará para a súa adxudicación o prezo ofertado polas empresas, os investimentos en equipamento propostos para as instalacións e a memoria técnica e xestión empresarial presentada.

A concesión é por dous anos, con posibilidade de dúas prórrogas máis de un ano cada unha. Farase unha concesión demanial, o que significa que o gañador ou gañadora do concurso terá o aproveitamento privativo e temporal destes bens. A Deputación acometeu obras para a mellora das instalacións por un importe de preto de 40.000€. Consistiron na reparación e limpeza do tellado, na reposición dalgúns elementos da fachada e no acondicionamento dos baños, que se ampliaron e se dotaron de accesibilidade.

Tamén se habilitou como almacén un espazo no semisoto. O inmoble conta con cafetería e cun salón grande que podería usarse a modo de comedor. Ademais, ten unha terraza grande sobre o río Miño e outro espazo exterior de gran tamaño para a realización de actividades náuticas cando as condicións da auga o permiten, como piragüismo ou vela.

0.19262194633484