Inician os traballos de roza e limpeza no corredor de Lugo a Monforte

LugoXa
A Xunta está a executar estes traballos nas vías de titularidade autonómica co fin de previr lumes e reforzar a seguridade viaria.
corredor lugo monforte
5 Apr 2021

Os traballos de roza e limpeza nas estradas de titularidade autonómica nas distintas provincias  galegas retómanse esta semana. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando nos últimos meses este acondicionamento nas franxas de dominio público para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

No marco destas intervencións, na provincia intensificaranse estes días as tarefas de roza na vía de altas prestacións CG-2.2, o corredor de Lugo a Monforte, nos termos municipais de Lugo e O Corgo.

O conxunto de tarefas realizadas no marco deste contrato coa empresa pública Seaga, que se veñen realizando ao longo do ano, céntranse principalmente na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais.

Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas autonómicas e reducir progresivamente o uso de herbicidas. Ademais, realízase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas.

As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas, aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade, e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.

desbroce limpeza estradas

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18896508216858