Inícianse as obras de reconstrución dun muro de contención na estrada LU-P-2408 no Concello de Guntín

LugoXa
A Deputación de Lugo destina un investimento próximo aos 34.000 euros para realizar estas obras, que consisten na construción dun novo muro de escollera
Obras-na-LU-P-2408-Guntín
26 Feb 2025

A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de reconstrución dun muro de contención na estrada provincial LU-P-2408, no Concello de Guntín, á altura da ponte no punto quilométrico 0,690.

Este tramo da vía, que conecta as localidades de Costañeira con Montecelo pasando por Vilarcabreiro, sufrira un afundimento no marxe dereito da calzada debido ao colapso parcial do muro de acompañamento da obra de paso que atravesa o leito do río de Perros.

A institución provincial destina un investimento próximo aos 34.000 euros para realizar estas obras, que consisten na construción dun novo muro de escollera co obxectivo de reforzar a plataforma da estrada e evitar futuros desprendementos. A Deputación anunciou que, durante a execución dos traballos, non será necesario cortar o tráfico, polo que se garante a continuidade da circulación.

As obras, que se prevé que finalicen nun prazo de dous meses, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, comezaron coa demolición e desmontaxe da barrera de seguridade existente, así como o corte do firme da estrada. A continuación, procederase á súa reconstrucción e regulación para garantir unha base sólida para o novo muro.

A cimentación do muro realizarase con formigón ciclópeo, un material de alta resistencia que proporcionará a estabilidade necesaria. Unha vez completada esta fase, executarase o muro de escollera, que ofrecerá mellores garantías de seguridade e estabilidade a longo prazo. Este material tamén se integrará de maneira respectuosa co entorno natural.

Unha vez finalizada a construcción do muro, realizarase a reconstrución do firme, restaurando a funcionalidade e seguridade da estrada. A Deputación destaca que estas obras se realizarán sen afectar ao leito do río, cumprindo así coas normativas medioambientais vixentes e preservando o ecosistema da zona.

⚙ Configurar cookies
0.6021580696106