Iníciase o proceso de contratación para a renovación das antenas Wifi dos edificios municipais

LugoXa
A Xunta de Goberno aprobou o inicio do proceso de contratación para a renovación das antenas Wifi dos edificios municipais
2 Nov 2022

O executivo de Lara Méndez aprobou en Xunta de Goberno o inicio do proceso de contratación para a renovación das antenas Wifi dos edificios municipais, co obxectivo de ofrecer un mellor servizo e garantir a máxima calidade e maior velocidade na conexión á rede aos usuarios destas instalacións.

Así o informou a rexedora local, quen subliñou que “vimos de aprobar a licitación do proceso, por un importe de 130.792,93 euros, de maneira que avanzamos na procura dunha cidade máis moderna e conectada, proporcionando acceso inalámbrico gratuito a internet nos principais espazos da vida pública”.

Esta renovación farase con cargo aos fondos do programa de axudas a municipios do Ministerio de Política Territorial para a Transformación Dixital e Modernización das Entidades Locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia dos fondos europeos Next Generation. “Ademáis da substitución de antigas antenas, o contrato licitado contempla a instalación de novos puntos de acceso á rede no novo Centro Social de Lamas de Prado; o edificio Paco Marín; o edificio Impulso Verde; o CEI-Nodus; e a Piscina das Pedreiras”, explicou Lara Méndez.

Por outra banda, a alcaldesa informou que “a vindeira semana está previsto que finalice, así mesmo, a instalación das antenas Wifi do programa Wifi4EU”. Este programa europeo, para o que Lugo resultou seleccionado, ofrece unha financiación de 15.000 euros aos municipios para a instalación de puntos de acceso inalámbrico á rede, co obxectivo de promover a conectividade wifi para os cidadáns e transeúntes en espazos públicos de toda Europa.

A través desta convocatoria, o executivo municipal instalou antenas en dez localizacións: Praza da Milagrosa; Praza Agro do Rolo; Praza de Augas Férreas; Praza Maior; Casa da Xuventude; Praza do Castiñeiro; Praza Viana do Castelo; Praza do Campo Castelo; Centro de Servizos Municipais; e na Praza Horta do Seminario. O orzamento total foi de 36.193,51 euros dos cales 15.000€ están financiados pola Comisión Europea.

Na actualidade o Concello dispón de puntos Wifi instalados en numerosas dependencias municipais entre as que se atopan: Centro de Servizos Municipais; Casa do Concello; Policía Local; Parque de Bombeiros; Pazo Municipal dos Deportes; Centro de Convivencia da Milagrosa; Centro de Convivencia de Fingoi; Local Social Díaz Castro; Centro de Convivencia Maruja Mallo; Centro de Convivencia Sagrado Corazón; Centro de Convivencia Uxío Novoneyra; Auditorio Municipal Gustavo Freire; Centro Cultural Vello Cárcere; Casa do Deporte; Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL); Mercado Municipal Quiroga Ballesteros; Casa da Xuventude; Nave de asociacións; Biblioteca Municipal Isidro Novo; Piscina Municipal As Pedreiras; Complexo deportivo As Pedreiras; Casa das Asociacións María Mariño.

0.19829916954041