Iníciase o proceso de licitación para a redacción do proxecto da praza da Constitución

LugoXa
O Concello de Lugo Inicia o proceso de licitación para a redacción do proxecto da Praza da Constitución por un importe de 75.020 euros
Constitución 2
5 Mar 2023

Iniciase o proceso de contratación para a redacción do proxecto de rexeneración urbana da praza da Constitución. A Xunta de Goberno autorizaba a apertura da licitación por un importe de 75.020 euros, dispoñendo a empresa que resulte adxdicataria dun prazo de execución de 45 días para entregar o traballo.

A intervención ten por obxecto completar a transformación deseñada para o recinto amurallado, renaturalizando o terceiro maior espazo libre a carón do monumento bimilenario, logo do parque de Rosalía de Castro e da Praza Maior.

Parte das accións previstas teñen como finalidade recuperar a conexión directa da porta do Campo Castelo coa reconstrución do óvalo arborizado da praza, para o que será preciso eliminar a parte máis descontextualizada da mesma que leva á estación de autobuses. Ademais, todo o ámbito se manterá como unha plataforma única de circulación, con prioridade peonil e tráfico calmado a 20 km/h nos itinerarios autorizados.

Por unha banda procederase á eliminación dos elementos que desvirtuaron, precisamente, a imaxe desta antiga Alameda do Cárcere como lugar de principal interese para a cidade; por outra se recuperará o seu uso como parque público incrementando a súa vinculación coa Muralla e co centro sociocultural do Vello Cárcere e, finalmente, se integrarán na nova configuración todos aqueles elementos derivados dos usos actuais que ten a praza e que deben manterse, como son os accesos ao aparcamento soterrado, o tráfico atenuado ou restrinxido, etc.

A ampliación do parque, na zona este, posibilitará a súa apertura á realización de diversas actividades con utilidade para terrazas, pequenos espectáculos e actuacións, punto de encontro xuvenil, etc, “fomentando así a convivencia interxeracional e a socialización ao aire libre. Para conseguir unha maior integración entre o parque e a Rolda da Muralla se prevé a substitución das escaleiras de paso desde a porta do Campo Castelo por unha rampla que terá continuidade nunha senda pavimentada que conduce á entrada ao Vello Cárcere e abrirase unha pequena entrada na esquina noroeste (pegada ao centro escolar), que se resolve cun tramo de escaleiras creando un acceso alternativo e evitando un posible punto de inseguridade.

Ademais, o murete de peche se transformará nun banco en prol dunha maior integración de todas as zonas das que se compón a área, enfatizando o carácter estancial da mesma e a súa relación coa Muralla. Algo similiar sucederá coas ramplas de entrada e saída ao estacionamento soterrrado que se incluirán na zona verde para minimizar a súa presenza.

O acceso peonil ao parking - xunto ao que se construirá unha pequena bancada de granito a modo de asento informal e orientada cara a construción romana - se dotará dunha nova envolvente acristalada, o máis transparente posible, que permita a continuidade visual a través del, respectando a totalidade dos árbores existentes.

En canto aos elementos escultóricos a Fonte das Ras será remodelada, deixando a súa pila á cota da praza e eliminando o noiro con aplacado de pedra sobre o que está elevada agora e o resto de estatuas conmemorativas e elementos escultóricos existentes (busto de Concepción Arenal, figura dos Pelúdez e centinela romano) volverán colocarse de acordo coa nova disposición das circulacións e dos espazos verdes.

A nova praza contará, igualmente, coa instalación de luminarias LED que propiciarán un maior aforro enerxético e disporán dun sistema de regulación con diferentes escenas e tamén se renovará todo o sistema de evacuación de augas pluviais e se soterrarán as instalacións aéreas grampadas ás fachadas do Vello Cárcere, estación de autobuses e edificacións do bordo este, reemplazando todas aquelas que xa estean soterradas e se atopen en mal estado.

Toda a actuación cumprirá coa normativa vixente en materia de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas o mesmo que todos aqueles elementos que se atopen en bo estado e cuxos deseños sexan acordes á nova proposta, serán desmontados para poder reutilizarse.

Vista aérea Praza da Constitucion
0.1327269077301