Íñigo Vélez é o novo adestrador do CD Lugo

LugoXa
O Club Deportivo Lugo conta xa con novo adestrador para o primeiro equipo tras alcanzar un acordo con Íñigo Vélez de Mendizábal
Adestrador Lugo
8 Mar 2023

O CD Lugo conta con novo adestrador tras alcanzar un acordo con Íñigo Vélez de Mendizábal, natural de Vitoria que se incorpora como novo técnico á disciplina do club amurallado.

Vélez chega ao Anxo Carro como un dos adestradores novos a destacar no panorama nacional das últimas tempadas, conseguiu o histórico ascenso coa SD Amorebieta a LaLigaSmartbank na tempada 20-21, e tamén atesoura unha traxectoria notable como futbolista en conxuntos como SD Eibar, Athletic Club de Bilbao ou CD Numancia, entre outros.

Íñigo é un técnico "preparado e novo" segundo destacan dende o club albivermello e "con importantes logros en campañas recentes, e que chega a Lugo para acometer o reto da permanencia na categoría de prata do fútbol español".

O CD Lugo atópase último na clásificación, a doce puntos da salvación e con tres derrotas e dous empates nos últimos cinco partidos desputados a falta de doce xornadas para rematar a liga,

0.14182281494141