Inmaculada Cárdenas e Juan Antonio Lleó actúan a fin de semana na Casa do Saber
A décimo quinta edición do programa de música electroacústica Sons Creativos, promovido e coordinado por Inmaculada Cárdenas, ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, desenvolverase os días 27 e 28 de outubro, a partir das 20.30 horas, na Casa do Saber.
O programa musical desta edición comeza este venres cun concerto, a cargo de Inmaculada Cárdenas e Juan Antonio Lleó, que inclúe Oratorio do Caldeiro de Santo Agotiño, unha composición con poemas de Margarita Borja, escritos a raíz da catástrofe do Prestige, Páginas Volantes, do libro de autor de Olga Verme, e os poemas de Violeta Barrientos, El Fauno, para frauta e cinta, e Weyujoi, baseado no poema do poeta chino Li-Po.
O segundo dos concertos dos 15 Sons Creativos desenvolverase o sábado 28, tamén ás 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber. Nesta actuación, o Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS), acompañado de alumnado do taller de creación sonora, ofrecerá o programa Dónde habito, unha proposta sonora que consta de tres partes (A mañá, A tarde e A noite), construída a partir do poemario Dónde habitas, cuxa autoría corresponde a Ana Roche.