Instalada unha nova caldeira na escola infantil Gregorio Sanz
LugoXa
A concellería de Educación vén de instalar unha nova caldeira nas instalacións da Escola Infantil Municipal Gregorio Sanz, despois de detectarse unha avaría na antiga.
26 Oct 2023
A concellería de Educación vén de instalar unha nova caldeira nas instalacións da Escola Infantil Municipal Gregorio Sanz, despois de detectarse unha avaría na antiga. O Goberno de Lugo actuou coa máxima celeridade garantindo sempre o benestar do persoal e das nenas e nenos usuarios do centro.
De xeito temporal, durante a xornada na que a caldeira estivo inutilizada despois de detectar a avaría, instaláronse unha serie de radiadores eléctricos que garantiron unha temperatura axeitada en todas as dependencias da escola, dando unha solución temporal rápida ante o comezo da época de baixas temperaturas.