Instalan aparcabicis en seis zonas de Lugo

LugoXa
O Concello instalou os aparcabicis na zona do colexio de Cervantes, Paradai, prazas do Castiñeiro e Agro do Rolo, Fontiñas e Bispo Aguirre
aparcabicis agro do rolo lugo
11 Feb 2021

O Concello de Lugo vén de colocar aparcabicis en distintos puntos da cidade. En concreto, instaláronse na contorna do colexio Cervantes, en Paradai, en Fontiñas, nas prazas do Castiñeiro e Agro do Rolo, e na rúa Bispo Aguirre.

Con esta acción, segundo explicou o tenente de alcalde e responsable da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, “damos resposta a unha demanda veciñal moi importante, que serve tamén para fomentar o uso da bicicleta en lugar do vehículo privado. Avanzamos de cara a un concello sostíbel, no que o uso seguro e normalizado da bicicleta como medio de transporte sexa unha realidade”.

Arroxo aproveitou para salientar tamén o traballo da brigada de obras que se encargou da instalación dos aparcabicis, “esta brigada permite facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloran a calidade de vida das veciñas e veciños”, dixo.

arroxo aparcabicis centro lugo
0.21356010437012